Blogia
vgomez

DATOS RECICLAXE 2018

 

A reciclaxe de envases domésticos medrou en 2018 o mesmo que a suma dos tres anos anteriores. A achega cidadá aos contedores amarelo (envases de plástico, latas e briks) e azul (papel e cartón) aumentou máis dun 12%, unha tendencia que se repetiu en todas as Comunidades Autónomas. Dende Ecoembes, a organización que xestiona a recuperación destes refugallos, cualificouse o ano de "histórico e clave": "Separar o lixo xa é un hábito incontestable que forma parte da paisaxe urbana", afirmase na presentación do informe anual. "Son 36 millóns de cidadáns os que están a lograr este cambio social".

Segundo datos da entidade, cada español achegou 15,7 quilos de envases de plásticos, latas e  briks, un 12,3% máis que en 2017. Respecto a os envases de papel e cartón, cada fogar separou 18,1 quilos, un incremento do 12,4%. Tras este exercicio, a taxa de reciclaxe destes desperdicios, que supoñen aproximadamente o 8% do lixo urbano xerado en España, sitúase no 78,8%, por encima do 65% que esixe a UE para esta tipoloxía de aquí a 2025.

 Segundo as súas estimacións, os 1,4 millóns de toneladas de refugallos reciclados deixaron aforros ambientais de 1,45 toneladas de materias primas, 1,6 toneladas de CO2 e 20,3 millóns de m3 de auga. Ao que hai que sumar 9.400 postos de emprego verde creados.

 En España, cada cidadán xera 460 quilos de lixo ao ano, segundo  Eurostat.

FONTE: elpais.com/espacioeco

0 comentarios