Blogia
vgomez

UNHA TEORÍA QUE CONTRADÍ TODO O QUE SABIAMOS DA ORIXE DOS RAIOS

O raio que se ve aquí comeza no profundo da nube, onde os científicos continúan estudando os seus primeiros momentos /  UNH

A pesar de ser un dos fenómenos visibles que acompañan ao home dende que ten conciencia, a orixe dos raios nas tormentas segue sendo un enigma. A ciencia debateu longamente sobre o tema. Con todo, recentemente o problema de como se orixinan os raios pareceu resolverse grazas ao descubrimento dunha «rápida ruptura positiva» de aire, que implicaba o desenvolvemento descendente dunha vía de paso na nube, pasando da carga positiva na parte superior da nube á carga negativa no centro da mesma. A vía de paso fórmase a unha quinta parte a velocidade da luz e pode disparar raios. Todo coincidía coa teoría sostida durante séculos. Pero un grupo de científicos da Universidade de NewHampshire (EE. UU.) acaban de atopar evidencias que  refutan todo o contrario.

Nun artigo publicado na revista Nature Communications, os investigadores relatan como documentaron un evento de «rápida ruptura negativa», que mostra unha nova forma posible de que se orixine un raio: tamén se pode crear unha ruta ascendente dentro da nube, que vai na dirección oposta e igual de rápida á anterior comentada, o que indica que hai outra forma de acender a electricidade no aire. Trátase dun fenómeno que se coñecía, pero que non se puido constatar.

En colaboración cun equipo de investigación de raios do Instituto de Minería e Tecnoloxía de Novo México, os investigadores documentaron unha rápida caída negativa nunha tormenta de raios da Florida no Centro Espacial Kennedy utilizando ondas de radio que se orixinan nas nubes de tormenta. Unha serie de antenas terrestres recolleron as ondas de radio, o que permitiu aos investigadores crear unha imaxe moi detallada das fontes de radio e identificar este fenómeno inusual.

Os investigadores continúan desenvolvendo imaxes a partir dos datos, esperan aprender máis sobre a frecuencia coa que ocorren os eventos de rápida ruptura negativa e que fracción deles pode iniciar un lóstrego real.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios