NOVA ESTRATEXIA DA NASA PARA DEFENEDER Á TERRA DOS ASTEROIDES
A calor que irradian os asteroides pode ser clave para detectalos / Fotolia/abc.es
Tan difícil como detectar un anaco de carbón no ceo nocturno. Así é como Amy Mainzer, investigadora da NASA, cualifica a tarefa de localizar asteroides potencialmente perigosos para a Terra e próximos. Ela é a encargada da misión de caza destas rochas espaciais e a principal responsable dun estudo presentado na reunión anual da American Physical Society no que se detalla unha nova estratexia para defender o noso planeta da constante ameaza. A clave: a calor que desprenden.
«Se atopamos un obxecto celeste a só uns días do impacto, limita enormemente as nosas opcións, polo que nos centramos en atopar obxectos próximos á Terra cando están máis lonxe, brindando a máxima cantidade de tempo e abrindo unha maior gama de posibilidades de mitigación», afirmou a investigadora durante a reunión, quen puntualizou que «os obxectos próximos á Terra (NEO, en inglés) son intrinsecamente débiles porque na súa maioría son realmente pequenos e están moi lonxe de nós no espazo».
Así mesmo, algúns deses corpos celestes «son tan escuros como o tóner da impresora. Tratar de detectalos contra o negro do espazo é moi difícil», engadíu. Por iso, en lugar de utilizar a luz visible para percibir eses corpos, o equipo de investigadores aproveitou unha característica particular dos NEO, a súa calor. Os asteroides e cometas son quentados polo Sol e, por tanto, brillan intensamente nas lonxitudes de onda térmica, o que fai que sexan máis fáciles de detectar co telescopio de exploración por infravermellos de campo amplo de obxectos próximos á Terra (NEOWISE).
O descubrimento das propiedades da superficie dos NEO proporciona unha idea do tamaño dos obxectos. E non só iso, tamén sobre a súa composición, o que é crítico para o desenvolvemento dunha estratexia defensiva contra un NEO que ameaza a Terra.
A investigadora explicou que, por exemplo, unha estratexia defensiva é «empuxar» fisicamente un NEO lonxe dunha traxectoria de impacto na Terra, aínda que para calcular a enerxía requirida para ese «empuxón» son necesarios os detalles da masa do NEO e, por tanto, o seu tamaño e composición. Xusto os detalles que pode achegar esta estratexia.
Os investigadores propuxeron á NASA a creación dun novo telescopio para facer un traballo «moito máis completo para localizar as localizacións dos asteroides e medir os seus tamaños» co fin de protexer o planeta Terra.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios