Blogia
vgomez

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Portada do libro / Imaxe: labiblos.com

Hoxe celébrase o DÍA DO LIBRO. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Aínda que noso país a data de celebración está asociada á morte de Cervantes, non é certo, pois morreu o día 22 aínda que foi enterrado o día 23.

Nesta data propónovos o libro, cuxa portada vedes na parte superior: "TRES DÍAS E UNHA VIDA"

Tres días e unha vida de Pierre Lemaitre (París, 1951) coa tradución ao galego de Moisés Barcia Rodríguez (Moaña-Pontevedra, 1971). Un libro de Rinoceronte Editorial S.L. do ano 2019.

Novela de suspense na que se retrata a traxectoria vital dun adolescente que, nun fugaz e  impremeditado arranque de ira, vese envolvido nun crime e debe cargar co horror e a culpa polo resto dos seus días. O relato, dividido en tres momentos  espaciados no tempo (1999, 2011 e 2015), é unha invitación para acompañar o fascinante proceso de formación da psique de Antoine  Courtin, durante o cal se albisca o  lacerante destino dunha persoa que, paradoxalmente, foi vítima da súa propia culpabilidade.

Merece a pena lela!

0 comentarios