RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL III
A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Gurgullo. Os curculiónidos coñecidos como gurgullos, da familia dos escaravellos, representan unha familia de insectos que se nutren con alimentos vexetais como pode ser a madeira ou grans como o arroz. Hainos dos cereais, das noces, dos fungos... e poden representar unha praga tremendamente molesta.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. O animal coa memoria máis duradeira é...
- Golfiño
- Elefante
- Oso formigueiro
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es
0 comentarios