Blogia
vgomez

ESTA NOITE PODES VER XÚPITER A SIMPLE VISTA

Imaxe de Xúpiter tomada dende un telescopio / eluniversohoy.net

Os amantes da astronomía teñen esta noite unha oportunidade sen igual de botar unha ollada a Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar, xa que se atopará no seu momento máis grande e brillante en cinco anos. Será unha luminosa xoia a primeira ollada. Pero se ademais un pode botar man duns prismáticos ou un pequeno telescopio de afeccionado poderá contemplar as súas catro lúas máis grandes sen problemas: Io, Europa, Ganímedes e Calisto. E mesmo quizais albiscar un indicio das nubes con bandas que rodean o planeta!

Esta marabilla é debida a que Xúpiter alcanzará a súa oposición, o que significa que estará nun punto diametralmente oposto ao Sol desde a nosa perspectiva. Desta forma, estará ben iluminado, sendo visible do atardecer ao amencer.

Bo avistamento!

0 comentarios