Blogia
vgomez

COMEZA O VERÁN

Solsticio de verán / Imaxe: astronomia.ign.es

O pasado 1 de xuño arrincaba o verán meteorolóxico, pero o verán considerado como tal, o astronómico, non se inicia ata que dea comezo o Solsticio de Verán, algo que sucederá hoxe, venres 21 de xuño, ás 17:54.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra atópase nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso do verán, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis boreal. O día no que isto sucede, o Sol acada a súa máxima declinación Norte (+23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia. A esta circunstancia chámaselle tamén solsticio (“Sol quieto”) de verán. Neste instante, no hemisferio sur iníciase o inverno. O día do solsticio de verán corresponde ás de máis horas de luz do ano. Ao redor desta data atópanse o día en que o Sol sae máis pronto e aquel en que se pon máis tarde. Un feito circunstancial non relacionado co inicio das estacións dáse tamén nesta época: o día do afelio, é dicir, o día en que o Sol e a Terra están máis afastados entre si ao longo do ano. É este maior afastamento ao Sol a causa e que a Terra móvase máis lentamente ao longo da súa órbita elíptica durante o verán (segundo a coñecida como segunda lei de Kepler) e por tanto esta estación sexa a de maior duración.

Durará 93 días e 15 horas, rematando o 23 de setembro (día de Santa Trega) co comezo do outono ás 09:49.

Bo verán a tod@s!

0 comentarios