NON HAI NADA MÁIS IMPORTANTE CA EDUCACIÓN
“Meu querido compañeiro refuxiado, nunca deixes de aprender, nunca deixes de soñar. Nunca perdas a esperanza”. Así comeza a carta que Muzoon Almellehan dedica aos nenos e nenas que sofren os estragos dos conflitos armados. Ela tamén tivo que fuxir. Con 14 anos escapou de Siria coa súa familia, rumbo a un campo refuxiados en Xordania. Como equipaxe levaba só o imprescindible para ela: os seus libros do colexio. “A educación dá esperanza e estabilidade, porque a educación significa futuro”, afirma. Durante os tres anos que pasou en campos de refuxiados, loitou por concienciar ás familias de que os nenos e as nenas debían continuar estudando. A súa inspiradora historia, a súa valentía e o seu firme defensa da educación fixeron que moitos se refiran a ela como a ‘Malala siria’. En 2017 converteuse na primeira Embaixadora de boa vontade de Unicef con status de refuxiada. Na actualidade reside en Reino Unido, onde estuda Relacións Internacionais. “A miña mensaxe para os líderes mundiais e os organismos internacionais é que é deben centrar o seu esforzo en que os nenos e nenas teñan acceso a unha educación de calidade, sexa cal for a situación na que se atopen”, conclúe.
0 comentarios