PEIXE ROBÓTICO QUE FUNCIONA CON "SANGUE" SINTÉTICA
Científicos da Universidade de Cornell (Nova York, EE. UU.) crearon un sistema circulatorio sintético que permite que un peixe robot poida nadar contra coriente durante máis de media hora. De momento, o equipo liderado polo enxeñeiro e experto en «robots brandos» (máquinas áxiles que imitan á natureza) Robert Shepherd implementouno nun equipo inspirado nun peixe león, pero aseguran que este mecanismo podería ser o futuro de robots máis eficientes e autónomos no futuro.
O sistema baséase nun líquido hidráulico que impulsa de forma mecánica e eléctrica ao peixe, tal e como recolle un artigo na revista Nature. Nas probas do sistema, o robot podía nadar contra unha corrente e podía mover as súas aletas pectorais, así como unha cola a semellanza dun peixe real. Os achados poderían conducir a un mellor almacenamento de enerxía, eficiencia e autonomía en futuros deseños.
O líquido circula ao redor do robot, alimentando as bombas e a electrónica a bordo a través de reaccións electroquímicas. Simultaneamente, o bombeo do líquido transmitiu o traballo mecánico ás aletas, permitindo que o robot nadase.
Nas probas, o robot puido nadar durante longos períodos de tempo (cun tempo de funcionamento teórico máximo de máis de 36 horas) e a unha velocidade de máis de 1,5 corpos por minuto contra unha corrente, o que lle outorga unha autonomía bastante importante.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios