Blogia
vgomez

PLANTAS CURIOSAS IV

Psychotria elata / Imaxe: floresyplantas.net

Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.

3. Psychotria elata, máis coñecida como flor do bico ou beizos de muller debido á forma das súas brácteas, que conforman nun momento do proceso de floración, a forma duns sensuais beizos pintados de carmín. Trátase dunha planta arbustiva, da orde das Gentianales e da familia das Rubiaceae, orixinaria do Putumayo colombiano que crece no sotobosque tropical en Centroamérica e América do Sur, polo que a podemos  encontar ao pé das árbores dos bosques tropicais e a beiras de mananciais e arroios en Costa Rica, Panamá, Colombia e Ecuador. As súas follas son grandes, de cor verde intensa, con veas secundarias elevadas no feixe e planas no envés, que poden chegar a medir uns 25 centímetros de longo e entre 6 e 8 de anchura.orde das  Gentianales da familia das  Rubiaceae

A rechamante forma destes beizos, que moitos pensan erroneamente que se trata da súa flor, son un par de brácteas grandes de cor vermella intensa que protexen ás súas flores pequenas e brancas, polo que son follas modificadas que acompañan ás flores, protéxenas e ás veces, como neste caso, cambian de cor para atraer polinizadores como colibríes e bolboretas.

Mañá outra!

0 comentarios