Blogia
vgomez

APOLO XI: 50 ANOS

 

Dentro duns días cumpriranse 50 anos da chegada do home á Lúa: Apolo 11. Esta misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar.

A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando.

O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de ter aluado.

Nos dous vídeos superiores tedes o documental, emitido pola Canle Historia, sobre a carreira espacial entre a Unión Soví­etica e Estados Unidos a mediados do século  XX. Os avances, programas e misións que ambas as nacións levaron a cabo para ser os primeiros en poñer a un home sobre a superficie da Lúa.

Monento histórico!

0 comentarios