PLANTAS CURIOSAS VIII
Strelitzia reginae / Imaxe: waterwisebotanicals.com
Continuo con esta serie adicada as plantas con flores, froitos ou sementes moi curiosas, como mostra de que a natureza non deixa de sorprendernos coas súas manifestacións a gran e pequena escala.
7. Strelitzia reginae , máis coñecida como ave do paraíso. É unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da familia das estrelitziáceas. Planta herbácea (de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m), con follas, con longos pecíolos, alternas, pinnatinervadas e dísticas. As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculada.
É orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.
Mañá outra!
0 comentarios