Blogia
vgomez

ENCLAVES DE ESPAÑA XI (FIN)

Remato coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estivemos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

11. Enclaves fóra de España

Non hai consenso entre os expertos en xeografía sobre que territorios exactamente deberían ter a categoría de enclave. Por exemplo, algúns consideran a Ceuta e Melilla como enclaves de España en Marrocos ou a Xibraltar de Reino Unido en España. Con todo, o feito de que teñan saída ao mar dilúe un dos factores que caracteriza aos enclaves: estar rodeados completamente por administracións diferentes á que pertence.

Descartando a territorios como estes, España ten un enclave fóra do noso territorio: Llivia, un anaco de Xirona en Francia, localizado na parte nororiental da comarca da Baixa Cerdaña O único enclave español no estranxeiro está rodeado de territorio francés desde 1659.

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com e tierrasinsolitas.com

0 comentarios