Blogia
vgomez

SEIS CONSELLOS PARA COIDAR O NOSO CEREBRO



O neurocientífico e neurólogo arxentino Facundo Manes dedicou gran parte da súa traxectoria profesional a descifrar os segredos do cerebro, actividade que segue desenvolvendo como investigador do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET) de Arxentina e do departamento Cognition and Brain Sciences de Cambridge.

Aos meus fillos dígolles: ’Estudiá, porque ademais de que che vai permitir ser máis libre e ter máis oportunidades, cumprir os teus soños, levantar a autoestima, adaptarte a un mundo en permanente cambio... ademais de todo iso, vai protexer o teu cerebro’”, reflexiona o  neurocientífico.

A ciencia demostrou que a educación é un factor de protección cerebral, pero como aprendemos, por que esquecemos ou lembramos? Fundador do Instituto de Neuroloxía Congnitiva (INECO) e do Instituto de Neurociencias da Fundación Favaloro en Bos Aires, o doutor Manes é autor de libros como ‘O cerebro do futuro’ e ‘Usar o cerebro’, onde explica o funcionamento da nosa materia gris.

Como presidente da Fundación INECO, organización sen ánimo de lucro que apoia a investigación e prevención de trastornos neurolóxicos e psiquiátricos, Facundo Manes continúa divulgando a importancia de manter a mente activa ata o noso último día. Segundo o investigador, para conservar unha boa saúde cerebral é necesario manter vínculos humanos profundos, ter un propósito na vida, enfocarse no presente, gozar co que facemos e ser altruístas.

0 comentarios