SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XIII
A solución á proposta do día anterior é Hipatia de Alexandría. Falecida por asasinato, a súa morte ecoou como unha badalada fúnebre no ocaso de Alexandría, o antigo centro da ciencia, a cultura e a arte helenísticos. Natural de Exipto, Hipatia foi unha filósofa e mestra grega que destacou nos campos das matemáticas e a astronomía. Filla e discípula do astrónomo Teón, Hipatia é a primeira muller matemática da que se ten coñecemento razoablemente seguro e detallado. Escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía e entre outras cousas mellorou o deseño dos primitivos astrolabios.
E imos coa proposta de hoxe!
13. Sesenvolveu algúns dos seus experimentos máis famosos sobre xenética con chícharos...
- Gregor Mendel
- Sir Gregor Clegane
- Carlos Linneo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios