Blogia
vgomez

NOVA IMAXE DE MARTE

  A panorámica do Curiosity dende o Monte Sharp / NASA/JPL-Caltech

Novas imaxes chegan dende Marte da man do rover Curiosity, o único vehículo humano que aínda se atopa recorrendo a superficie marciana. Esta vez trátase dunha fotografía tomada mentres o rover sobe o Monte Sharp (ou Aeolis Mons), duns cinco metros de altura, no centro de cráter Gale, a «veciñanza» que Curiosity está a examinar en busca e captura de posible vida.

A instantánea foi tomada o pasado 1 de novembro por unha das cámaras de navegación do rover, que viaxa a uns 30 metros a hora. É posible ver o bordo do cráter, cuxo orixe está no impacto dun meteorito xigante hai 3.500 millóns de anos, que son as montañas con brumas do fondo da imaxe e que se atopa a uns 80 quilómetros. En primeiro plano pódense apreciar as pedras desgastadas da superficie marciana, que son obxecto de estudo do  Curiosity.

De momento, a misión non atpou evidencias de vida, nin presente nin pasada. Con todo, o propio Curiosity apoiou o achado de hai unha década que indicaba que existía metano na atmosfera, un fenómeno que ben podería estar provocado por procesos xeolóxicos pero tamén biolóxicos. Quizais nos atopabamos ante o primeiro sinal da existencia de vida marciana, unha vida que podería sobrevivir baixo a superficie. Con todo, os últimos datos do Curiosity, o rover da NASA que percorre a superficie de Marte desde agosto de 2012, negaron a maior e o rastro acabou por desaparecer uns meses despois.

Pero, a pesar de todo, o rover aínda segue examinando a superficie do planeta vermello en busca dos ladrillos da vida, rastros de hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono. Con sorte, a codia de sedimentos do Monte Sharp revelará máis pistas sobre como e cando unha vez a auga antiga fluíu a través do cráter. Mentres, podemos gozar dunha vista incrible.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios