Blogia
vgomez

A NASA ABRE UN VIAL DE MOSTRAS DA LÚA QUE LEVABA MÁIS DE 50 ANOS PECHADO

Dous escaneos de raios X da mostra analizada. A de abaixo feita en 1974 e a de arriba esta semana, coa tecnoloxía actual / NASA

Investigadores da NASA abriron unha mostra de chan lunar ou regolito recollida pola tripulación do Apolo 17 e que levaba máis de 50 anos pechada, tal como informaron a axencia espacial nun comunicado. A apertura está dirixida a poñer en práctica as técnicas que se empregarán nas misións do programa Artemis, que pretende enviar astronautas á Lúa a partir de 2024.

A proba abriuse o pasado día 5 de novembro no Centro Espacial Johnson, en Houston (EEUU). Foi orixinalmente recollida polos astronautas Gene Cernan e Jack Schmitt, os últimos en pisar a superficie lunar, e introducida nun cilindro de catro centímetros de diámetro.

A apertura realizouse dentro da iniciativa de Análise de Nova Xeración de Mostras de Apolo (ANGSA), que pretende analizar coas técnicas actuais máis avanzadas algunhas das antigas mostras.

Empregaranse técnicas de imaxe tridimensional, espectroscopía de masas e microtomía de ultra-alta resolución, para estudar o  regolito lunar cun nivel de refinamento sen precedentes. No seu día foron recollidas no cráter Lara, e caracterízanse por ser parte dunha testemuña que contén información sobre a estrutura vertical do chan lunar, os esvaramentos de terra e sobre a presenza de compostos volátiles atrapados.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios