Blogia
vgomez

EXPRESAR OS TEUS SENTIMENTOS É UN SÍMBOLO DE FORTALEZA



Ten 28 anos e dende os 14 xoga na elite. Ricky Rubio, un dos mellores xogadores na historia do baloncesto español, foi desde a súa infancia un talento sen igual. Un neno prodixio que medrou á velocidade dun adulto, e aprendeu rapidamente a valorar que “o talento non serve de nada se non hai traballo e esforzo detrás de iso”. Tras gañalo todo en Europa deu o salto á NBA, onde tivo que lidar coa fugacidade do éxito e tamén coa crueza dos fracasos. “Antes non sabía o que era o fracaso, pero ensinoume, aprendín del”, di o xogador.

O punto de inflexión na súa vida chegou en 2012, cando á súa nai diagnosticáronlle un cancro de pulmón. Nunha das súas últimas conversacións, Ricky prometeulle que faría todo o posible para axudar aos demais. E hoxe está a cumprir esa promesa a través da súa Fundación.

Falar de Ricky Rubio é falar dunha estrela da NBA, pero tamén dunha persoa que superou importantes obstáculos e que sabe aproveitar a oportunidade que lle brinda o deporte profesional para mellorar a vida de moita xente. E non pode ocultar o seu sorriso ao compartir os momentos que lle ensinaron a competir contra os mellores do mundo: "Como se xoga contra LeBron James ou Kevin Durant? Sen medo, pero con respecto".


0 comentarios