Blogia
vgomez

NOVO ANO CHINO: 4718

Ano 4718, ano da rata na China / Imaxe: vanidades.com

Millóns de chineses celebran hoxe, 25 de xaneiro, o Ano Novo Lunar, adicado ao seu primeiro símbolo do horóscopo, a rata. Segundo a tradición, as persoas nadas nun ano deste símbolo son intelixentes e astutas.

Arrinca así o ano 4718, segundo o seu calendario. En China úsase habitualmente o calendario gregoriano (o que utilizamos en España), adoptado en 1912, pero o tradicional segue marcando celebracións e festas. Especialmente as de Ano Novo, durante as que moitos viaxan miles de quilómetros para reunirse coas súas familias, aínda que iste ano complicado polo coroavirus Wuhan.

No calendario chinés, o ano divídese en meses que seguen os ciclos lunares e duran 29 días e medio. O ano deste calendario ten 354 días, e o ano novo pode variar entre finais de xaneiro e principios de febreiro (o ano pasado foi o 5 de febreiro, por exemplo). Para compensar este diferenza de 11 días co ano astronómico e que cadren meses e estacións, hai que engadir un mes adicional cada dous ou tres anos. Como os nosos anos bisiestos, pero cun mes enteiro. É o que ocorrerá iste mesmo ano, cando haberá dous meses cuartos (coma se tivésemos abril 1 e abril 2).

O ano 1 deste calendario, equivalente ao 2698 antes de Cristo, coincide co inicio do reinado de Huangdi, ou o Emperador Amarelo, un personaxe  mitológico cuxo reinado tradicionalmente considérase o introductor de avances como o arco e frecha, a escritura, e os carros e barcos de madeira.

Ademais do calendario chinés hai no mundo outros calendarios, que iremos vendo nos próximos días.

Féliz ano 4718!

FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com

0 comentarios