CALENDARIO HINDÚ
Celendario hindú / Imaxe: ecured.cu
Seguimos no coñecemento dos diferentes calendarios do mundo. Hoxé tócalle ao calendario Hindú ou Panchanga.
Segundo o calendario nacional da India estamos no día 8 do mes magha do ano 1941. Este calendario lunisolar foi establecido en 1957, aínda que o gregoriano tamén é amplamente utilizado no país. O calendario da India está composto por 12 meses e 365 días. Hai cinco meses de 31 días, seis de 30 días e un que ten 30 ou 31 en función de se ese ano é bisiesto. Os nomes dos meses son diferentes aos do gregoriano.
O calendario empeza co ano o inicio da era Shaka, que coincide coa coroación do rei Chasthtana no ano 78 do calendario gregoriano. O primeiro día deste calendario é o 22 de marzo do gregoriano (ou o 21 nun ano bisiesto). Con todo, o día de ano novo non se celebra á vez en todo o país, xa que hai rexións que, polo menos para as festas, usan outros calendarios.
Mañá outro calendario!
FONTE: J. Rubio /E. Sánchez/verne.elpais.com
0 comentarios