Blogia
vgomez

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemórase hoxe, 8 de marzo, e é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou do movemento obreiro, fan manifestacións para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.

Pola igualdade real!

0 comentarios