RTVE: APRENDEMOS NA CASA
RTVE lanza, dende hoxe luns 23, Aprendemos na casa, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coroavirus.
Hoxe comezará a emisión deste espazo na franxa de mañá de Clan e a 2, que reforzan así o papel da televisión lineal con este proxecto destinado a toda a poboación, especialmente ás familias con menos recursos, territorios con maiores dificultades de conexión á rede e cidadáns que por motivo das condicións impostas polo illamento teñen problemas para compartir o ancho de banda.
Clan, de 6 a 12 anos (de 09:00 a 12:00 horas)
De 6 a 8 anos (09:00 a 10:00 horas)
De 8 a 10 anos (10:00 a 11:00 horas)
De 10 a 12 anos (11:00 a 12:00 horas).
A 2, de 12 a 16 anos (de 12:00 a 14:00)
De 12 a 14 anos (12:00 a 13:00 horas)
De 14 a 16 anos (13:00 a 14:00 horas).
Materias: Contará cun completo programa de contidos no que cada día da semana Clan e a 2 ofrecerán clases das seguintes materias para todas as idades: lóxica e matemáticas os luns; ciencias sociais os martes; educación artística e educación física os mércores; lingua e idiomas os xoves; e ciencias naturais os venres.
Educlan e ‘Móvete en casa’
RTVE amplía así a experiencia de Educlan, posta en marcha o pasado luns cun gran éxito. É xa o contido máis visto nos medios dixitais de Clan (web, app e televisións conectadas) por encima dos líderes habituais como ‘Peppa Pig’. Máis de 236.000 nenos accederon e consultaron máis de 1.150.000 vídeos desde o luns. A canle conta xa con máis de 300 vídeos destinados a nenos de 4 a 10 anos.
As iniciativas de servizo público de RTVE crecen durante esta crise do coroavirus e esténdense tamén ao exercicio físico con ‘Móvete en casa’, o novo espazo da 2, conducido polo profesor de fitness de OT Cesc Escolà, que a partir de hoxe animará a todos os cidadáns a coidar a súa forma física desde os seus domicilios.
FONTE: ww.rtve
0 comentarios