CLORAQUINA
Chloroquine 3D estructure e medicamento Cloroquina fosfato / Imaxe: wikipedia.org e unimarksa.com
Científicos de todo o mundo mergulláronse nunha frenética carreira para achar a vacina contra o novo coronavirus SARS-CoV-2.
Cada vez son máis os países que se suman á procura de novos tratamentos ou que están a realizar ensaios para determinar se algún dos medicamentos existentes pode ter novas aplicacións no tratamento do virus e poder frear a pandemia.
A OMS informou que, entre os medicamentos que se están investigando ante unha posible nova aplicación en termos de tratamento contra o coronavirus, atópase a cloroquina.
Pero que é a cloroquina?
A cloroquina é un fármaco do grupo das 4-aminoquinolinas que se utiliza no tratamento ou prevención da malaria, así como no de determinadas enfermidades autoinmunitarias, como a artrite reumatoide ou o lupus eritematoso sistémico.
A súa historia remóntase a Perú, os indíxenas extraían a cortiza das árbores Cinchona e usaban o extracto (Cinchona officinalis) para combater os calafríos e a febre no século XVII. En 1633 introduciuse esta medicina herbal en Europa, onde se lle deu o mesmo uso e tamén se empezou a utilizar contra a malaria. Pero foi o médico e homeópata alemán, Samuel Hahnemann quen realizou o seu famoso experimento con Quina, tomando desta catro dracmas dúas veces ao día, o que lle produciu paroxismos semellantes de frío e febre. Concluíu que non podía seguirse dicindo que a Quina cura os paroxismos de frío e febre, porque é unha droga astringente ou amarga. A verdadeira dedución resalta enerxicamente: a Quina cura os paroxismos de calafrío e febre porque os produce. É dicir, que nunha persoa sa a Quina produce os mesmos síntomas que curaba no enfermo.
Hans Andersag e o seu equipo descubriron en 1934 a cloroquina nos laboratorios Bayer de Elberfeld, dándolle o nome de Resochin. Considerada nun principio demasiado tóxica para uso humano, a molécula foi ignorada durante unha década. Con todo, durante a Segunda Guerra Mundial, o goberno dos Estados Unidos patrocinou unha serie de ensaios clínicos que demostraron máis aló de toda dubida o valor terapéutico do fármaco. En 1947 autorizouse o seu uso médico no tratamento profiláctico da malaria.
Na actualidade, a cloroquina figura na Lista de Medicamentos Esenciais da OMS. Adoita atoparse en forma de fosfato de cloroquina. O nome comercial máis coñecido é Aralen.
Pero a paranoia actual fixo que todo o mundo queira iste medicamento, pero coidado, tamén ten moitos efectos secundarios. Algúns científicos alertaron percisamente destes posibles efectos secundarios, especialmente en persoas de idade avanzada (un dos principais grupos de risco) ou da súa perigosa combinación con outros antibióticos.
Soumya Swaminathan, científica principal da OMS, indica que atopáronse algúns “indicios de que podería ser útil, pero non hai estudos claros e rigorosos que se realizaron para probar ou refutar que a cloroquina é efectiva”.
Responsabilidade tamén nesto, e deixar traballar á ciencia!
FONTE: consalud.es e wilipedia.org
0 comentarios