CANTO SABES DE GALICIA LII
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Mozárabe. É unha arte desenvolvida polos cristiáns hispánicos que viviron en territorio musulmán no período que abarca desde a invasión musulmá (711) ata finais do século XI conservando a súa relixión e unha certa autonomía eclesiástica e xudicial. No caso que nos ocupa, a capela de San Miguel, presenta características do estilo mozárabe, con numerosos arcos de ferradura, moi pechados e con dovelas de eixo descentrado e rodeadas por alfiz. Iníciase a súa construción no 937 e finalízase no ano 942, é a xoia do conxunto e un dos edificios relixiosos máis singulares de España.
E imos coa pregunta de hoxe!
52. Identifica os cabos sinalados no mapa con 1, 2, 3 e 4.
- Cabo Finisterra
- Cabo Corrubedo
- Cabo Prior
- Estaca de Bares
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com, wikipedia.es Imaxe: es.educaplay.com
0 comentarios