HUMOR REAL: E DESPOIS?
Viñeta de El Roto (Andrés Rábago García - Madrid, 1947), de onte no xornal El País
"Parece" que puco a pouco imos mellorando ma situación sanitaria da pandemia, pero "colateralmente" está o problema da economía. Temos que ter claro que canto máis dure o problema sanitario, máis se agravará o problema económico. Por iso é importante cumprir as normas e non adiantarse no tempo a unha incorporación inminente ao traballo pois poderiamos volver a casilla de comezo deste letal xogo. Superado o problema sanitario haberá que coller polos cornos a economía, que como di a viñeta necesitará "respiradores" para quitala adiante, empezando pola UE e despois polos nosos políticos, que TODOS teñen que estar a altura, xa que do contrario farémonos moitos as preguntas: Para que queremos Europa? En que se fundamenta Europa? Cal é a misión dos políticos? Para que nos serven?
Moito me temo, que coma sempre neste río revolto gañarán os mesmos e perderemos os de sempre.
Lamentable!
0 comentarios