Blogia
vgomez

FORMACIÓN E EDUCACIÓN

 

Escritor e  divulgador, Álex Rovira cre profundamente no poder transformador da palabra e da nosa mirada cara aos demais. Nas súas reflexións, aborda tanto cuestións relacionadas coa innovación, a creatividade e a dinámica de equipos, como contidos relacionados coa psicoloxía, a filosofía, a antropoloxía ou a socioloxía. Autor do libro "O Compás Interior", traducido a nove idiomas e con máis de cincocentos mil exemplares vendidos, Rovira é ademais un dos escritores españois con maior prestixio internacional. As súas obras, traducidas a máis de 35 idiomas, supuxeron un éxito de vendas en todos os países nos que foron publicadas. Tamén é  co-autor de "A Boa Sorte", un éxito sen precedentes na literatura de non ficción española, con preto de catro millóns de copias vendidas e que foi elixido mellor libro do ano en Xapón no ano 2004. Polo seu carácter inspirador, é colaborador habitual de diversos medios de comunicación e un relator moi demandado tanto na esfera nacional como internacional. Citando ao poeta e novelista  Goethe, Álex Rovira afirma: “Se tratas a un ser humano como é, seguirá sendo o que é; pero se o tratas como pode chegar a ser, converterase no que está destinado a ser”.

0 comentarios