A ORIXE DAS SEIS MARCAS MÁIS ANTIGAS DE COCHES
As seis marcas de coches máis antigas levan desenvolvendo e fabricando automóbiles durante máis dun século. Resistiron a numerosos avatares, crises financeiras e mesmo dúas guerras mundiais. Xurdidas case todas como modestas e individuais iniciativas industriais, souberon impoñer ao longo dos anos unha personalidade propia aos seus modelos e perpetuarse ata os nosos días.
Hoxe comezamos un pequeno percorrido por cada unha delas para coñecer a súa horixe.
1. FORD (1903)
Henry Ford construíu artesanalmente o seu primeiro vehículo en 1886, pero non sería ata 1903 cando fundase a marca que leva o seu nome: Ford Motor Company. A compañía estaría chamada a revolucionar a industria do automóbil mediante a produción a gran escala en cadeas de montaxe. Ao rebaixar substancialmente os custos de fabricación puxo o automóbil ao alcance dun gran número de norteamericanos.
Ford Model T
O modelo T (na imaxe superior), deseñado polo propio Ford e producido entre 1908 e 1927, foi o que impulsou desde os seus inicios á marca. Dispoñía inicialmente dun motor de catro cilindros con 20 CV e foi fabricado en numerosos países, entre eles España: en Cádiz estableceuse unha planta de montaxe no ano 1919.
Mañá a segunda marca!
FONTE: Luis A. Soto/motor.elpais.com
0 comentarios