CANTOS ANOS HUMANOS TEN O TEU CAN?
Seguramente, moitos teredes nas vosas casas un can. Probablemente coñezas o vello método de multiplicar por sete para coñecer a súa idade en "anos humanos". Desta maneira, un can de catro anos sería equiparable a unha persoa de 28. É iso verdade? En absoluto, segundo concluíron investigadores da Facultade de Medicina da Universidade de California en San Diego (EE. UU.). O equipo creou unha nova fórmula que compara con maior precisión as idades de cans e humanos atendendo aos cambios no ADN ao longo do tempo. Os seus resultados indican que o noso "novo" compañeiro de catro anos (Non era un cachorro hai nada?) equivale en realidade a un maduro cincuentón.
O gráfico calcula a idade dun can en "anos humanos" / Cell Press
O novo método, publicado en Cell Systems, é o primeiro que se pode transferir dunha especie a outra. Atende á metilación do ADN, uns cambios químicos que determinan o nivel de expresión dos xenes, a súa capacidade para xerar ou non proteínas. Proporciona un novo reloxo epixenético para determinar a idade dunha célula, tecido ou organismo. Eses cambios epixenéticos dan pistas aos científicos sobre a idade dun individuo, algo similar a cando vemos engurras na cara dunha persoa.
FONTE: abc.es/ciencia Imaxe collage de cans: wikipedia.org
0 comentarios