Blogia
vgomez

A LIBERDADE É UNHA CONQUISTA DIARIA

É un dos grandes referentes no ámbito da saúde, o benestar e o desenvolvemento persoal. Médico cirurxián e escritor combina a práctica médica coa investigación da práctica zen (arte da autoconciencia( e a divulgación de coñecementos que integran a conexión entre a mente, o corpo e o espírito: “Hai algo aínda máis profundo que o psicolóxico, que é o espiritual. Algo que transcende a nosa lóxica normal, aquilo que está baseado no amor e nunha comprensión moito máis profunda da existencia, aquilo que dá un verdadeiro propósito á nosa vida”.

Un enfoque que vai máis aló do convencional e entrelaza as grandes cuestións do mundo da ciencia e das humanidades, salientando a importancia de conectar connosco mesmos a través da meditación e do silencio como elementos fundamentais para logar un benestar integral. En palabras de Puig “a felicidade opera coas leis do Universo”, e para chegar a ela hai que transcender os opostos mediante a intelixencia do corazón, un dos principais desafíos para a conquista do ser humano: lograr a liberdade e a paz interior.

A súa obra explora o inconsciente humano e aluma o camiño aos que buscan espertar a unha comprensión transcendental da realidade. “Existe un poder no noso organismo, que cando o activamos ten un impacto enorme na curación das enfermidades. Algo que vai aínda en contra desa mentalidade, que ás veces temos hoxe en día, que só acepta aquilo que se pode ver, medir ou pesar. Os gregos da escola do Peloponeso xa falaban de algo real que se podía experimentar coa sanación”, reflexiona.

0 comentarios