CRUCIGRAMA XXXVII
VERTICAIS: 1. Aparello de pesca que se compón dunha liña cun ou varios cebos, xeralmente artificiais, que o barco vai arrastrando pola popa 2. Aparello de pesca que consiste nunha especie de gaiola, normalmente de forma cilíndrica, feita de madeira, metal, xunco ou vimbio e recuberta de rede, disposta de tal maneira que permite a entrada do peixe ou do marisco pero non a súa saída 3. Arte de pesca que consiste nunha tralla longa, chamada madre, da que colgan as brazoladas 6. Arte de pesca consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e un ou varios anzois empatados no extremo 7. Arte de pesca que se emprega na captura do atún, do bonito e da cabala, e que consiste, polo común, nunha vara de madeira flexible que leva un cordel de 10 a 15 m de longo cun anzol na punta e que se lanza polo costado ou pola popa 9. Aparello para mariscar que consta dun angazo que se arrastra sobre a area, levantando así os berberechos ou as ameixas, que quedan depositados nunha especie de rede de metal.
HORIZONTAIS: 4. Aparello formado por un aro que leva pendurada unha rede en forma de saco, unido a un mango longo 5. Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variable segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar 8. Arte de pesca consistente nunha rede que se estende desde unha pequena embarcación, formando un cerco redondo no que quedan atrapados os peixes 9. Arte de pesca formado por un angazo de ferro que se arrastra polo fondo para levantar o marisco, o cal queda depositado nunha rede que vai detrás.
0 comentarios