Blogia
vgomez

A TECNLOXÍA VIQUINGA QUE CONQUISTOU O MUNDO

Os viquingos son coñecidos por ser guerreiros crueis e hábiles navegantes que, durante séculos (do VIII ao XI), saíron da súa Escandinavia natal para explorar e saquear outras terras. A clave das súas exitosas incursións estaba nos seus barcos, os veloces drakkar, superiores tecnicamente aos dos seus rivais. Ademais eran capaces de orientarse no mar sen compás, con pedras solares que lles permitían saber onde estaba o sol en días cubertos. Grazas á súa tecnoloxía e ao seu afán conquistador, alcanzaron as costas de case toda Europa, África do Norte, Oriente Medio, Asia Central e o nordeste de América do Norte. Tamén colonizaron Islandia e Groenlandia.

Expansión viquinga entre os séculos VIII e XI / Max Naylor

Vikinguear era o “traballo de verán” que empezaron a facer estes escandinavos do século VIII. Fara í víking significaba “ir de expedición” en nórdico antigo, algo que facían nos meses estivais: abandonaban temporalmente os seus pobos, deixando atrás as súas ocupacións como agricultores e gandeiros, para buscar novas terras e facerse con flamantes botíns. Os que cada tempada embarcábanse nesta tarefa comezaron a autodenominarse “viquingos”, sen saber que estaban a acuñar o termo que daría nome ao seu propio pobo e que, por extensión, denominaría toda unha época.

O saqueo converteuse nunha especialidade grazas aos seus versátiles navíos: lixeiros, deseñados para poder navegar ata nun metro de profundidade, polo que podían  incursionar ríos, marismas ou achegarse ata a mesma praia.

A clave das exitosas incursións viquingas estaba nos seus barcos / Peter Hardy. O espato de Islandia funciona como polarizador e deixa ver un lixeiro brillo onde está o Sol / ArniEin

Aínda que tamén usaban outro tipo de embarcacións, o navío viquingo máis característico foi o drakkar, “dragón” en nórdico antigo. Longo e estreito (o máis grande recuperado ten 35 metros de eslora), o drakkar permitíalles moverse en sitios onde había moi pouca auga grazas a un baxísimo calado de apenas medio metro, unha innovación para a época. Superpoñer as táboas que conforman o casco do barco, á hora de construílo, facía que fose moi flexible. Tamén eran naves simétricas, iguais pola proa que pola  popa, algo que facilitaba virar a gran velocidade. Eran barcos feitos para transportar persoas e ir moi rápido, que en condicións favorables podían alcanzar preto do 30km/h (16 nós).

Os drakkar convertéronse no maior expoñente militar dos escandinavos, xa que as súas características permitíanlles navegar tanto por augas do Atlántico como do Mediterráneo.

Aínda que non dispoñían de compás, en alta mar podían situarse grazas ao espato de Islandia (unha variedade de calcita), que funciona como  polarizador, deixando ver un lixeiro brillo alá onde está o sol. Nas súas viaxes polo Atlántico Norte, os viquingos tamén adoitaban levar gaiolas con corvos, para soltalos e comprobar se había terra preto. Se as aves non volvían é que a atopaban.

Os seus innovadores barcos e a súa facilidade para situarse deron aos viquingos un factor sorpresa decisivo na primeira rolda de ataques. Tamén lles proporcionaba vantaxe, no momento do combate, asaltar aos seus inimigos  ferozmente, producindo un terror inmenso, porque non tiñan medo a morrer. Eles aspiraban a chegar ao  Valhalla (o ceo viquingo) cos seus deuses, pero alí só accedían os guerreiros mortos de forma honorable na batalla.

Á súa natural disposición á guerra sumaron as espadas tipo Ulfberht, resistentes armas importadas desde Renania (rexión na actual Alemaña), que tiñan unha proporción de carbono tres veces maior á doutros metais do momento. A súa fama de grandes guerreiros chegou ata Bizancio onde os contrataron para dar corpo á garda real permanente de emperadores.

Respecto a a estendida idea de que levaban cascos con cornos, arqueloxicamente non hai probas, nin evidencias, de nada parecido, salvo que se quixeran tratar de demos con cornos e rabo.

FONTE: bbvaopenmind.com

0 comentarios