UN CONTO: "O DEMO E O FERRADOR"
Cando o demo andaba polo mundo canso de tanto camiñar, estivo a procura dun ferrador para arranxar as súas patas de besta, e ao dar con el díxolle:
– Necesito que me poñas unhas ferraduras.
O ferrador quedou asorado por tal petición porén ao amosarlle as patas viu que era o demo pois tiña as unllas partidas. Entón díxolle:
– Porén teño que amarrarte á cadeira para que non te movas.
O demo aínda que non moi conforme deixouse atar. Entón o ferreiro avemellou a ferradura e chantoulla na pata quedándolle apegada a pezuña que obrigou ao demo a dar un brinco tan forte que desatouse saíndo adoecido coa dor. Entón díxolle o ferrador:
– Agarda que aínda che faltan os cravos.
O demo foi cabo dun río que pasaba perto dalí e meteu as patas na auga dicindo:
– Foi peor o remedio que a enfirmidade.
Non se sabe que despois disto lle quedasen gañas de voltar polo mundo.
FONTE: Alamanaque Agrícola 2020/syngenta.es Imaxe: plqhq.blogspot.com
0 comentarios