O PRIMEIRO MAPA COMPLETO DA LÚA
Proxeccións novo mapa da Lúa que mostran a xeoloxía ao lado próximo (esquerda) e ao lado afastado (dereita) da Luna / USGS
Científicos do Servizo Xeolóxico de EE. UU. (USGS), en colaboración coa NASA e o Instituto Lunar Planetario, crearon, por primeira vez, un mapa completo da Lúa. Toda a superficie lunar foi completamente mapeada e clasificada uniformemente.
O mapa lunar, chamado «Mapa Xeolóxico Unificado da Lúa», servirá como o modelo definitivo da xeoloxía da superficie da Lúa para futuras misións humanas e será gran valor para a comunidade científica internacional, os educadores e o público en xeral. O mapa dixital xa está dispoñible e mostra a xeoloxía lunar con incrible detalle (escala 1: 5.000.000). Se che interesa preme AQUÍ.
Para crear o novo mapa dixital, os científicos utilizaron información de seis mapas rexionais da era Apolo xunto con información actualizada de recentes misións satelitales á Lúa. Os mapas históricos existentes foron redeseñados para aliñalos cos conxuntos de datos modernos, preservando así as observacións e interpretacións anteriores. Xunto coa fusión de datos novos e antigos, os investigadores do USGS tamén desenvolveron unha descrición unificada da estratigrafía, ou capas de rocha, da Lúa. Isto resolveu problemas de mapas anteriores onde os nomes de rochas, descricións e idades ás veces eran inconsistentes.
Os datos de elevación da rexión ecuatorial da Lúa proveñen das observacións estéreo recompiladas pola cámara do terreo na recente misión SELENE (Explorador de enxeñería e selenoloxía) dirixida por JAXA, a Axencia de Exploración Aeroespacial de Xapón. A topografía para os polos norte e sur complementouse cos datos do altímetro láser do Orbitador Lunar da NASA.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios