OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (VII)
Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...
7. Tuvalu
Antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia.
Superficie: 36 km2 Poboación: 11.508 (2018)
Capital e cidade máis poboada: Funafuti
Idiomas oficiais: Tuvalés e Inglés
Forma de gobernó: Monarquía Constitucional
Moeda: TV$ (Dólar tuvalés) e AU$ (Dólar australiano)
Despois do Vaticano e de Nuaru, é o país con menos poboación do planeta, distribuída en nove atois coralinos nos que os recursos naturais son practicamente nulos. Pero isto, desde o aire, non se aprecia. Desde o alto móstranse como unha cegadora mancha turquesa orlada de coral e tachonada de illotes con palmeiras: un vulnerable paraíso no Pacífico no que apenas hai terra. A masa terrestre de Fongafale, a illa principal de Tuvalu, é tan estreita que cando o avión aproxímase á pista de aterraxe dá a sensación de que vai caer no océano. Lamentablemente, é un paraíso ameazado. Ao tratarse dunha nación de atois, a principal ameaza ecolóxica a longo prazo é o quecemento global e o aumento do nivel do mar. Ademais da erosión costeira, a auga sobe a gallaróns polo poroso coral en que se asintan as illas e contamina de sal as zonas dedicadas a cultivos. Nos últimos anos, as chamadas mareas rei foron máis altas que nunca. Se, como predín os científicos, o nivel do mar continúa subindo as illas poderían desaparecer da face da terra. Que lle ocorrerá á poboación se Tuvalu empeza a mergullarse? Nova Zelandia acepta na actualidade 75 inmigrantes ao ano e dixo que acollerá a todos os seus habitantes se fose necesario. De momento, os que sintan curiosidade por visitar este recuncho do planeta poden explorar as illas desertas cubertas de palmeiras da área de conservación de Funafuti, participar da curiosa cultura local, con deportes como o te ano (xógase con dúas pelotas feitas con follas de pándano, un arbusto tropical), asistir a unha sesión do baile nacional o fatele, ou probar a comida local a base de peixes e mariscos, malanga (un tubérculo) e o froito da árbore do pan. Algo parecido a xogar aos Robinsones dos Mares do Sur mentres chega o desastre.
FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org
0 comentarios