Blogia
vgomez

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (10-FIN)

Chegamos ao fin da serie dos 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle ao máis pequeño de todos a…

10. Cidade do Vaticano

Un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia.

Superficie: 0,44 km2   Poboación: 825 (2019)

Capital: Cidade do Vaticano  

Idioma oficial: Ningún, pero promulga leis e regulamentos en Italiano.

Forma de goberno: Monarquía absoluta electiva e teocrática.

Moeda: € (Euro)

Encerrado en menos de medio quilómetro cadrado, poida que o Vaticano sexa o país máis pequeno do mundo, pero concentra a maior colección de obras de arte do planeta. Resgardada en pleno centro da capital italiana, Roma, e enclaustrada nunha serie de tradicións e rituais sacrosantos, a Cidade do Vaticano é un deses estraños lugares que hai que ver para crer. É, ademais, a sede da igrexa católica, dirixida polo Papa, quen reside nun palacio con máis dun milleiro de estancias e de cuxa protección se encarga a Garda Suíza, coñecida polo seu colorido uniforme vermello, amarelo e azul. O vínculo do Vaticano co cristianismo remóntase ao século I, cando San Pedro foi crucificado no Circo de Nerón. Na súa homenaxe, o emperador Constantino mandou construír unha basílica no lugar onde foi enterrado. Pero como Estado, a cidade foi fundada tras asinarse os Pactos de Letrán, en 1929, e representa o vestixio moderno dos Estados Pontificios, o feudo que gobernou Roma e boa parte do centro de Italia ata a súa reunificación en 1861. Con todo, o esplendor da basílica de San Pedro non é máis que a antesala das riquezas que agardan nos Museos Pontificios, con sete quilómetros de exposicións que conteñen máis obras mestras que moitos países, o que converte en misión titánica coñecelo nunha soa visita. De feito, calcúlase que se dedicásemos un minuto a cada peza, tardaríase ata 12 anos en velo todo.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

Ata a próxima serie!

0 comentarios