O INDIVIDUALISMO LEVOUNOS A OLVIDAR AO OUTRO
“O home contemporáneo, o home moderno, non quería ver ao outro como un igual. Vivimos nunha espiral de individualismo que nos levaba a un tipo de vida que, coa corentena e o confinamento, viuse modificado. Sorpréndenos a solidariedade, a empatía e o recoñecemento do veciño: saber que hai un tecido social no que se pode confiar”. O filósofo e profesor David Pastor Vico reflexiona sobre as leccións de humildade e humanidade que nos deu o virus.
Como os seus homólogos da antiga Grecia, Vico é un filósofo totalmente inmerso na sociedade do seu tempo. Cambiou a túnica polo look metaleIro e preocúpanlle cuestións como a perda de confianza interpersoal ou o individualismo. Actualmente é profesor na Universidade Nacional Autónoma de México. En ‘Filosofía para desconfiados’, o seu último libro, utiliza o humor satírico e a cotidianidade para analizar a sociedade e fomentar o pensamento crítico. “Coñeces o nome dos fillos dos teus veciños?”, expuña, sinalando que “a desconfianza é o trazo principal dunha sociedade profundamente individualista”. A pandemia deu resposta á súa pregunta.
0 comentarios