INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO VIII
Continúo coa serie Inventos accidentais que cambiaron o mundo dos últimos dous séculos, onde descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo. Hoxe...
8. Marcapasos
Cando o enxeñeiro eléctrico John Hopps inventou o marcapasos trataba de realizar unha investigación sobre a hipotermia e tentaba empregar o quecemento por radiofrecuencia para restaurar a temperatura corporal. Durante o experimento, deuse conta de que se un corazón deixaba de latexar debido ao arrefriado, podería iniciarse novamente mediante estimulación artificial. De aí naceu o marcapasos en 1951.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios