Blogia
vgomez

O FÓSIL MÁIS ANTIGO, ATOPADO ATA AGORA, DUN VEXETAL

O fósil dunha planta sen nome de hai uns 400 millóns de anos que inmortaliza unha das estruturas reprodutivas das especies antigas / ANDREW LESLIE

Hai 400 millóns de anos, nunha época chamada Devónico, todo era verde. Non había ningunha flor. Unhas plantas dominaban o planeta e tiñan un sistema reprodutivo complexo. Uns investigadores describiron, na revista Current Biology, o fósil máis antigo achado ata o de agora dun vexetal e que mostra con claridade estas estratexias innovadoras de reprodución.

Segundo a investigación, un mesmo esporanxio (a estrutura das plantas, fungos ou algas que produce e contén as esporas) dunha planta extinta que se parecía a un fento desenvolvía dous tipos de esporas de tallas distintas. Na nova evidencia descrita, a talla deses elementos microscópicos, esenciais para a reprodución, variaba entre as 70 e 200 micras de diámetro (un cabelo humano adoitan medir entre 60 e 80 micras de diámetro). 

En 1974, uns expertos xa publicaron un traballo sobre o fósil dunha planta chamada  Chaleuria, da mesma idade e do mesmo lugar, pero doutra liñaxe, que mostraba unha actividade reprodutiva parecida a esta, pero aínda faltaban datos sobre a talla e a distribución das esporas. Con estas dúas evidencias, o que está claro é que esta estratexia desenvolveuse no mesmo momento, é dicir, hai polo menos 400 millóns de anos.

Aínda que o novo elemento ofreza unha fotografía máis precisa, non todo son certezas. O que apuntan no estudo é que este acontecemento biolóxico é máis ou menos coincidente co xurdimento doutra planta importante dotada dunha ramificación complexa e de madeira que deu lugar aos bosques.

FONTE:Agathe Cortes/materia/elpaís.com

0 comentarios