CIENTÍFICOS CREAN POR ERRO UN PEIXE HÍBRIDO
Unha fertilización sorpresa nun viveiro de peixes conduciu á creación dun novo peixe híbrido a partir de dúas especies que están máis separadas na árbore evolutiva que os humanos e os ratos. Os científicos tentaban salvar da extinción ao esturión ruso e, no canto diso, cruzárono accidentalmente con outra especie creando esta estraña mestura.
Así, o esperma dun peixe espátula estadounidense (Polyodon spathula) foi capaz de fertilizar os ovos dun esturión ruso (Acipenser gueldenstaedtii) para crear un grupo híbrido de animais nunca antes visto. Formado polos gametos de sete individuos, o grupo que naceu exhibiu diferentes proporcións de características das dúas especies, e taxas de supervivencia máis aló dos 30 días que oscilaron entre o 62% e o 74%.
Ambos animais representan dous das especies de peixes máis grandes e lonxevas do mundo, cunha antiga diverxencia da árbore evolutiva que os conforma como fósiles vivos. Existen en diferentes partes do planeta e compartiron un devanceiro común cando os dinosauros aínda camiñaban sobre a Terra, o que levou aos investigadores para pensar que estaban demasiado lonxe da árbore evolutiva para ser hibridados. Pero aparentemente... non.
"Simplemente non o cría. Pensei, hibridación entre esturión e peixe espátula? Non hai forma", explican os autores en revista Genes.
O accidente produciuse cando os científicos do Instituto de Investigación de Pesca e Acuicultura en Hungría tentaban determinar se a introdución da reprodución asexual no peixe espátula e o esturión podería protexer o número da súa poboación, que se está esborrallando ante a sobrepesca, a contaminación e a perda de hábitat. A pesar de todo, a descendencia resultante parece estar a sobrevivir.
Os investigadores salientan que nunca foi a súa intención que as dúas especies fosen combinadas. Do mesmo xeito que moitos outros híbridos na natureza, esta descendencia é estéril.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza Imaxe: Flórián Tóth, NARIC, Research Institute for Fisheries and Aquaculture
0 comentarios