A ORIXE DAS PALABRAS: ANTRO
interior d cova de Rafael Alberti en Ibiza, convertida en vivenda e punto de lixo / Foto: Laura Ferrer Arambarri/noudiari.es
A palabra antro provén do latín antrum, que non só significa gruta, caverna, senón tamén as cavidades entre os troncos das árbores e empregado en plural, antra, refírese ás fosas nasais e a outras cavidades corporais. O latín tomouno en préstamo o vocablo do grego ἄντρον (antron= cova).
No noso idiona non só se refire a unha caverna, senón a calquera establecemento escuro, repelente e de mala reputación.
En medicina, a palabra antro úsase para indicar unha cavidade como a que temos dentro dos ósos.
0 comentarios