Blogia
vgomez

O MONSTRO MARIÑO DE AYAMONTE

O MONSTRO MARIÑO DE AYAMONTE

Vértebra fosilizada atopada en Ayamonte

A Ramón Martín e Miguel Ángel Bernal, cando camiñan, gústalles observar nas pedras as mensaxes do noso pasado máis remoto. Nun dos seus paseos pola contorna de Ayamonte (Huelva), atoparon, a uns oito quilómetros da liña de costa, unha rocha que lles chamou a atención pola presenza duns fragmentos do que parecían partes dun óso fosilizado. A sospeita de que podía ser algo importante fíxolles, de inmediato, contactar co Concello ayamontino e co arqueólogo Benjamín Cabaco da empresa ArqueoGuadiana, que comunicou o achado aos paleontólogos das Universidades de Huelva e Sevilla, Antonio Toscano e Fernando Muñiz. O resto fósil pertence a un  saurio, con toda probabilidade, segundo os investigadores, a un nothosaurio, un animal mariño duns 220 millóns de anos.

Se se confirma esta identificación específica, trataríase dun réptil, de dous metros de longo (podían medir ata cinco metros), era un depredador, de pescozo longo, cabeza pequena, mandíbulas alongadas con numerosos dentes afiados, flexible e destacadas capacidades natatorias. Un auténtico monstro mariño prehistórico de Ayamonte, segundo bautizárono  familiarmente os investigadores.

Reconstrución dun nothosaurio, animal ao que se lle atribúe o fósil achado en  Ayamonte / Jesús Reolid

Antonio  Toscano e Fernando Muñiz detectaron enseguida que se trataba dun achado único, o resto máis antigo dun vertebrado na zona suroccidental de España. A súa experiencia, a configuración do óso e a comparación con outros fósiles levounos a determinar que se trataba dunha vértebra dorso-lumbar.

A análise das rochas onde fosilizou este óso indica, segundo Muñiz, que se trata dun exemplar do Triásico Superior (entre 237 e 201 millóns de anos). Os investigadores explican que xa se realizaron probas preliminares con acedo clorhídrico diluído ao 10% sobre mostras da rocha co obxectivo de determinar se son carbonatadas e seleccionar así o estrato de onde proceden para continuar a investigación. Tamén se realizarán seccións delgadas a un fragmento de óso desprendido para indagar nos coñecementos osteolóxicos da vértebra.

Se retrocedésemos no tempo a este período xeolóxico, aproximadamente uns 220 millóns de anos, dende o que hoxe é Ayamonte, contemplariamos xusto enfronte o que hoxe é Canadá e EEUU. Estariamos nun período xeolóxico, o Triásico, dentro da era Mesozoica, tamén coñecida como dos Dinosauros e que arrinca uns 20 millóns de anos, tras a maior extinción ocorrida. As rochas mesozoicas de  Ayamonte rexistran o inicio da ruptura e separación do continente único chamado Panxea, é dicir, América e Europa-África empézanse a separar dando comezo o que hoxe é o océano Atlántico”, describe Muñiz.


Reconstrución  paleogeográfica durante o  Triásico Superior. O círculo mostra a localización, entón, do que hoxe é a península Ibérica

“Por agora pódese afirmar que pertence ao grupo dos sauropterygios (Sauropterygia), que inclúe predadores como nothosaurios, simosaurios, lariosaurios, cíiamodus, placodus...Temos que estudar os restos en detalle. A idade precisa poderase determinar a partir do estudo, por exemplo, de anélidos. A presenza destes organismos e as rochas nas que se atopan axudará a coñecer como era a paleoxeografia da zona durante o Triásico”, explica Matías Reolid, paleontólogo da Universidade de Xaén e descubridor dos notosaurios máis antigos, tamén do  Triásico (con máis de 230 millóns de anos), no municipio de Puente de Génave (Xaén) e de Órgiva (Granada). Os seus achados foron recollidos en varias revistas científicas de prestixio e nunha edición de carácter divulgativo do servizo de publicacións da Universidade  xiennense.

O comportamento exemplar de Ramón Martín e Miguel Ángel Bernal durante o seu paseo abriu a porta para investigar e salvagardar o patrimonio paleontolóxico. Os resultados máis detallados daranse a coñecer conforme avancen os estudos científicos sobre este extraordinario achado.

FONTE: Raúl Limón/elpais.com/ciencia

0 comentarios