Blogia
vgomez

O MÁIS ALÓ DE MAESHOWE

 

Maeshowe é un túmulo neolítico construído ao redor do 2800 a. C. nas Illas Orcadas en Escocia. Consiste nun grande montículo de máis de sete metros de altura por 35 de diámetro que encerra un complexo de pasaxes e cámaras.

Forma parte do coñecido Corazón do Neolítico, é Patrimonio da Humanidade e o seu interior fascinou aos arqueólogos. Considerado unha auténtica proeza da enxeñería da época, conta no seu interior cun pasadizo de case once metros que conduce a unha tumba central que se ilumina no solsticio de inverno.

Agora, unha nova investigación publicada en Archaeological Review from Cambridge, revelou un descubrimento nesta excepcional cámara funeraria de 5.000 anos de antigüidade.

A investigación, levada a cabo por Jay van der Reijden, da Universidade das Highlands, estudou a xeometría, a forma e o deseño das cámaras funerarias laterais desta estrutura neolítica. Coñecidas como casas dos mortos debido ao seu deseño, similar ao das casas domésticas.

Esta investigadora revelou que se erixiron «ao revés» que a principal, investindo o deseño arquitectónico coma se estuvieran dentro do inframundo e foron creadas como condutos para que as almas ou espíritos dos mortos viaxasen á outra vida.

De acordo con esta especialista, os habitantes das Orcadas no Neolítico percibían o Máis aló como unha proxección investida do aquí e agora: tal como vían cando miraban os seus propios reflexos na auga. 

FONTE: abc.es/cultura

0 comentarios