SABÍAS QUE... (DIAPAUSA EMBRIONAL DOS CANGUROS FEMIAS)
Os canguros femias teñen tres vaxinas, dous úteros e son capaces de recorrer á diapausa embrional, é dicir, interrompen o desenvolvemento da súa cría esperando o bo momento para sacala ao mundo e que teña o maior éxito posible. As dúas vaxinas laterais son as que levan o esperma do macho a cada útero e a vaxina central é por onde descende o embrión para nacer. Despois duns trinta días de xestación, a cría, aínda moi diminuta, de non máis de dous gramos, pasa ao marsupio, o peto externo no ventre da nai. Aí aléitase durante meses protexida por unha membrana e termina de formarse antes de asomar a cabeza. Durante este período, a nai é capaz de quedar embarazada de novo e poñer en pausa o que ocorre no seu útero.
En definitiva, cada cousa ao seu tempo.
FONTE: Agathe Cortes/elpais.com/ciencia Imaxe: expertoanimal.com
0 comentarios