ANABAM: 35 ANOS DE HISTORIA
ANABAM, é unha entidade conservacionista de carácter naturalista e ecoloxista. O seu ámeto de traballo é a bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño. Esta bisbarra, no tramo galego, está formado polos municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. No tramo portugués forman parte desta bisbarra natural os municipios de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha e tramo norte da feligresía de Carreço
É unha entidade independiente, apolítica e non vinculada a ningunha empresa, institución, grupo social, etc.
Esta entidade conservacionista desenvolve actividades e proxectos relacionados co patrimonio natural, coa educación ambiental e co patrimonio cultural e etnográfico realacionado directa ou indirectamente coa natureza.
Fundada en 1985 por Agustín Ferreira Lorenzo, cumpre neste ano os seus 35 anos de vida estudando, conservando, protexendo e divulgando o patrimonio natural do Baixo Miño.
Se queres coñecer a súa traxectoria e historia preme AQUÍ.
Parabéns longa vida!
FONTE: anabam.org
0 comentarios