Blogia
vgomez

MÁIS FILOSOFÍA PARA ENTENDERNOS MELLOR

 

É o filósofo contemporáneo máis popular do mundo. Michael Sandel, profesor na Universidade de Harvard e Premio Princesa de Asturias das Ciencias Sociais 2018, ten como obxectivo poñer a educación cívica sobre a mesa e conectar a filosofía coa nosa vida cotiá.

Sócrates vagaba polas rúas e dialogaba coa xente, a filosofía xurdía da vida da cidade, das opinións e conviccións que tiñan eses cidadáns”, argumenta. E, vinte e seis séculos despois, este profesor de Filosofía Política trata de revivir o espírito socrático e párase a falar coa xente para indagar que é a xustiza ou que significa o “ben común”. Faino dentro e, sobre todo, fóra das aulas. Na serie da BBC ’The Global Philosopher’, lidera as discusións en vídeo con participantes de máis dunha trintena de países sobre os aspectos éticos de temas como a inmigración ou o cambio climático. Os seus escritos sobre xustiza, ética, democracia e mercados traducíronse a máis de 25 idiomas, entre os que destaca o libro ’O que o diñeiro non pode comprar: Os límites morais do mercado’. O filósofo tamén imparte "Xustiza", o primeiro curso de Harvard dispoñible gratuitamente en liña e en televisión.

Michael Sandel foi un pioneiro no uso de novas tecnoloxías para promover o discurso público global, pero critica as redes sociais e a adicción ás pantallas das que sostén: “se as deixamos que actúen soas, compiten coa educación e son unha das maiores barreiras para a aprendizaxe”.

0 comentarios