QUE SIGNIFICA TER UNHA BOA AUTOESTIMA?
A psicóloga Silvia Congost especializouse en autoestima e dependencia emocional grazas á relación tóxica que viviu en primeira persoa: “Non lograba saír daquela espiral tan destrutiva. Deime conta de que nin os meus estudos, nin a miña experiencia podían axudarme a saír de alí. O que vivín ensinoume o meu verdadeiro propósito na vida: axudar a todas as persoas que necesiten recuperar a súa autoestima, deixar de sufrir en relacións tóxicas, e conseguir independencia emocional”. Congost sostén que unha relación dependente é calquera relación na que non nos sintamos libres de ser nós mesmos, cando a nosa autorrealización persoal vese obstaculizada: “A dependencia emocional é a incapacidade de cortar unha relación naqueles casos nos que deberiamos de cortala”. E engade: “O que non debemos facer coas persoas tóxicas é tentar cambialas”.
Ademais, Silvia Congost é autora dos libros ‘Se doe, non é amor’, ‘Cando amar demasiado é depender’, ’A soas’ e ‘Autoestima automática’, entre outros, nos que reflexiona sobre o concepto de amor mal entendido que temos na actualidade: “Estar nunha relación de parella é estar nunha perpetua incerteza, non hai garantías nunca en ningunha relación de parella”.
0 comentarios