Blogia
vgomez

A CIENCIA NO 2020

A CIENCIA NO 2020

 

A investigación científica, nas súas diversas disciplinas, non cesa no seu empeño de facer progresar o mundo, salvar vidas, e coñecer máis datos sobre o mundo que nos rodea. Por iso, cada ano a actualidade científica déixanos titulares que nos marabillan, e outros que, por desgraza, lémbrannos as graves implicacións que conleva para a  biosfera a contaminación e a explotación de recursos.

Queres saber que máis noticias marcaron o ano 2020? Pois imos facelo mes a mes. Comezamos!

XANEIRO


1. Descóbrese un novo tipo de aurora boreal: As auroras prodúcense cando unha  exección de partículas cargadas do Sol choca coa magnetosfera da Terra. En xaneiro de 2020, case por casualidade, foi descuberta un novo tipo de aurora boreal en forma de dunas, provocada por ondas de osíxeno que flúen a través dunha corrente de partículas solares.

2. Atopan o material máis antigo da Terra: Trátase de po de estrelas achado nun meteorito e ten 7.000 millóns de anos de antigüidade, moito máis antigo que o noso Sol, que ten só 4.600 millóns de anos. Estes grans de po microscópico foron forxados nunha estrela distante nalgún lugar entre 5-7 mil millóns de anos; e foron achados nun meteorito masivo e rochoso que golpeou o noso planeta hai medio século cun asteroide que produciu o meteorito Murchison, unha enorme rocha de condrita C2 de 100 quilogramos que caeu o 28 de setembro de 1969, preto de Murchison, Vitoria (Australia).

3. Extínguese o peixe espada chinés: O peixe espada chinés viviu na época dos dinosauros e sobreviviu á última extinción masiva; en cambio, non puido subsistir á  sobrepesca e á construción de presas da Era do Atropoceno. A presa de Gezhouba construíuse en 1981 sobre o Yangtsé, obstaculizando a viaxe que facía o peixe espada para poñer os ovos na parte alta do río, impedindo que o peixe puidese reproducirse.

3. Noméase un novo coronavirus como 2019-nCoV: En decembro de 2019, na cidade chinesa de Wuhan, comezaron a aparecer os primeiros pacientes dun tipo de pneumonía descoñecida. Semanas despois, xa en xaneiro de 2020, as autoridades chinesas recoñecen que estes pacientes están infectados por un novo tipo de coronavirus humano, ata o de agora descoñecido, que é nomeado provisionalmente como 2019-nCoV.

Continura. Mañá febreiro!

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios