Blogia
vgomez

FUNDÉURAE: CONFINAMIENTO, PALABRA DO ANO 2020

Confinamiento é a palabra do ano 2020 para a Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), promovida pola Axencia EFE e a Real Academia Española (RAE). Definido como “illamento temporal e xeralmente imposto dunha poboación, unha persoa ou un grupo por razóns de saúde ou de seguridade”, a institución sinalou que este termo marcou boa parte dos meses de 2020. “A crise sanitaria derivada da pandemia da covid-19 é a protagonista do ano e as medidas implementadas para freala cambiaron radicalmente a nosa forma de vivir e de falar”, argumentan desde a institución.

A gañadora foi seleccionada entre unha lista de 12 candidatas na que se atopaban outras palabras que marcaron o ano. A listaxe de aspirantes a palabra de 2020 incluía ademais coronavirus, infodemia, resiliencia, COVID-19, teletrabajo, conspiranoia, (un) tiktok, estatuafobia, pandemia, sanitarios e vacuna.

FONTE: José González Vargas/elpais.com/cultura      Imaxe: Gema García

0 comentarios