A CIENCIA NO 2020 (VII)
Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...
XULLO
1. O CERN descobre un novo tipo de partícula: o tetraquark. Ata o de agora, sabiamos que os quarks (partículas elementais indivisibles) uníanse en grupos de dous e tres para formar o que coñecemos como hadróns. Pero os físicos predixeran a existencia de hadróns de catro e ata cinco quarks. Pois ben; neste mes, comprobouse a súa existencia, grazas ao LHC (acelerador de partículas) do CERN. O achado axudará aos físicos para comprender mellor as complexas formas nas que os quarks únense en partículas compostas, como os protóns e neutróns ubicuos que se atopan dentro dos núcleos atómicos.
2. Lánzanse tres misións con destino a Marte: Iste mes coincidiu co período ideal (de posición da Terra con respecto a Marte) para viaxar da maneira máis eficiente posible ao planeta vermello. As misións son as seguintes: a misión Hope, de Emiratos Árabes Unidos, unha sonda que orbitará Marte para estudar o planeta; a misión Tianwen-1, de China, unha sonda orbitadora e un rover que se dedicará a buscar restos de vida; e o lanzamento do rover Perseverance, da NASA, que tamén buscará signos de vida. O Perseverance levará consigo o primeiro micrófono a Marte, co que poderemos escoitar os sons do planeta vermello; e tamén un helicóptero co que se espera captar impresionantes fotografías aéreas.
3. Descóbrese unha nova megaestructura galáctica detrás da Vía Láctea: Trátase dun ‘muro’ galáctico situado a 500 millóns de anos luz de distancia, e foi bautizada como a ‘Parede do Polo sur’, oculta ata o de agora polo intenso brillo da nosa galaxia.
Continura. Mañá agosto!
FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es
0 comentarios