Blogia
vgomez

A DESAPARICIÓN DUNHA NEBULOSA EN TEMPO REAL

 

A nebulosa Stingray (Mantarraia), una nebulosa planetaria na constelación de Ara, o altar, distante unos 18.000 anos luz da Terra, a máis nova coñecida, despediuse para sempre. O telescopio espacial Hubble da NASA/ESA estaba no lugar correcto no momento adecuado e captou en tempo real como se desvaneceu do cosmos.

Cando se trata de obxectos do universo, estamos máis afeitos pensar en termos de miles de millóns, pero a nebulosa Hen 3-1357, máis coñecida como a nebulosa da  Mantarraia, desapareceu en décadas.

Fotografada por primeira vez polo Hubble en 1996, os silvardos azuis brillantes da  nebulosa e os filamentos de gas no seu centro evidenciaban o seu estalido dramático. Agora, os datos de arquivo mostran que para 2016, a nebulosa atenuouse e os seus bordos ondulados case evaporáranse. 

Isto é moi, moi dramático e moi estraño”, comentou Martín A. Guerrero, membro do equipo do Hubble. “O que estamos a presenciar é a evolución dunha nebulosa en tempo real. Nun lapso de anos, vemos variacións na nebulosa. Non vimos iso antes coa claridade que obtemos con esta vista".

A atenuación débese aos cambios na luz emitida polo hidróxeno, o nitróxeno e o osíxeno brillantes que emite a estrela moribunda no seu centro. Segundo os investigadores, a emisión de osíxeno reduciuse nun factor de case 1.000 durante estas dúas décadas.

O culpable parece ser a estrela central da nebulosa, SAO 244567, que experimentou un rápido aumento de temperatura, de 22.000 °C a 60.000 °C,

 segundo un estudo de 2016 baseado en observacións da nebulosa entre 1971 e 2002. Despois de que a estrela expandísese, a estrela pasou por unha fase de arrefriado, emitindo menos radiación ionizante.

Na imaxe superior temos o antes e o despois.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia                                                                 Imaxe: NASA/ESA

0 comentarios